Quen non ten un mp3 ou similar? Quen non tivo nos 90s un discman ou nos 80s un mítico walkman? A miúdo convértense nos nosos compañeiros de viaxe en traxectos peregrinos de casa ao traballo, do traballo a casa, da casa á escola... A pena de todo é que nos sumerxen nun aillamento que nos mantén afastado de todo o que sucede fóra nosa, nalgúns casos ata de xeito perigoso, e impídenos escoitar o son da rúa.
En certa ocasión teño quedado sen batería, e é entón cando descobro a multitude de cancións que soan ao meu redor; tantas cancións coma vidas que se moven bulideiras de acó para aló. Estou nun bus urbán ás 6 da tarde dun día laborábel. Non é a quietude que atopei pola mañá na marquesiña cando aínda non despuntara o sol: ruídos de persianas que se levantan, portas que se abren, os ecos dunhas pisadas ao lonxe e, achegándose, as luces do bus casi baleiro que agardaba. Pola tarde o bus vai pletórico: rapaces que volven da escola, nais e pais que os acompañan, xóvenes que se achegan á universidade, traballadores que veñen e que van...
Como deixou de chover (nunca chove eternarmente aínda que vivas en Santiago), decido baixar do bus e continuar a pé pola zona vella. Camiñando ao lado duns soportais escoito uns acordes de guitarra coñecidos: o Knocking on heavens door de Bob Dylan. Non consigo ver á persoa que toca a guitarra. Tras zigzagear entre unhas cantas columnas atopo a un músico da rúa, quizáis un nómada que chegou a Santiago por algún dos seus incontables camiños alonxados da comercial espiritualidade xacobea. É novo, bastante ben coidado, de pelo loiro e escasa barba que fai translucir os golpes da vida na súa faciana a xeito dalgunha engurra e unha cicatriz.
Cando cheguei ao seu lado espreitei nos seus ollos tratando de atopar algunha pegada da súa vida. Puiden contemplar eses ollos fixos na súa tarefa como os do vello que queda engaliolado co lume da lareira. Non son dado a deixar esmola así que non o fixen, simplemente retribuín a un músico da rúa como cando retribuín a merca do meu mp3. Entón puiden ver como os seus ollos mudaban cun brillo e os seus beizos mo agradecían cun sincero sorriso.
O seguinte vídeo vai adicado a todas esas persoas músicas da rúa que nos ensinan que non hai camiño, que o camiño se fai ao andar, como diría o poeta. E por suposto, tamén adicado para as baterías dos mp3, que por sorte, de vez en cando tamén se esgotan. Deste xeito podemos escoitar a realidade e gozar co camiño, coas vidas que atopamos e coas cousas que suceden no seu andar.

5 comments:
Bonito post!
Saúdos!
Hai de todo entre os musicos da rua. Se pagas 20 euros por un concerto con 20 cancions... porque non pagarlle un euro o profesional da rua? Boa decision.
R.
Fíxome lembrar o mítico tema dos Suaves, "Pardao"...de seguro que o lembras ti tamén, vén moito ao caso...
Saúdos. Gabi.
Pois si, de seguro que sería outra boa banda sonora para o post :-)
Mi más sincera enhorabuena, entrañable, porque no siempre se sabe escuchar a una ciudad, aunque a veces sea atonal.
Un saludo. Diegosolar
Post a Comment