13 October 2013

A presto Italiano!

Fai xa máis de 4 anos que comezou este irregular blog de caras b da vida, das miñas rarezas vitais, dos meus remixes internos, sen necesidade de caer no acto de contar intimidades persoais.

Xunto con ista bitácora comezou tamén a miña andaina co italiano, motivada pola película "Italiano para principiantes". Pois ben, esa aventura rematou en xullo, iniciando en outubro outro camiño no coñecemento das linguas simplemente polo pracer de aprender, lonxe de todo interese económico ou profesional; desta volta o francés.

Porén, resulta imposible desprenderse dos hábitos de varios anos: desde unha simple conta no ximnasio "uno, due, tre, quattro", un filme que se cruza no meu camiño ou unha canción como a que vos deixo hoxe. Stylophonic, nome artístico do DJ italiano Stephano Montano, que toca moitos paus, sen chegar ao ecléctico Lorenzo Jovanotti pero cuxas carreiras musicais se teñen cruzado.

Unha rareza musical, desas de recheo, que escoitas nunha cuña de RNE5 cinco minutos antes da sinais horarias. Allegro, ma non eccecionale, como a vida, como os nosos actos. A mellor excelencia cara a que podemos camiñar é tratar de facer aquelo que libremente decidamos do xeito máis alegre que poidamos. A rutina substitúe a ilusión e vemos calquera cambio como difícil, cando non imposble. Porén, costa poco...

O máis lido