Ébano fai referencia a unha madeira densa e de cor casi negra, máis tamén á metáfora que emprega Ryszard Kapuściński no seu libro homónimo para referirse ao gran continente esquencido: África. Con esta palabra resumimos en tres sílabas "un planeta en si mesmo, un universo variado e riquísimo. Se o chamamos África é sólo para simplificar e por pura comodidade. Aparte da denominación xeográfica, en realidade África non existe". Con esta contundencia o autor convida a visitar e coñecer o descoñecido; a guía de viaxe trócase nun caderno de bitácora onde fuxindo dos estereotipos e das comodidades, Ryszard adéntrase na vida en b de decenas de pobos. Unha vida en b que a miúdo estoupa en anacos cos continuos conflítos étnicos recuperados e mesmo potenciadaos cunha pésima descolonización que obrigou a compartir estado a tribús históricamente rivais.Entre miserias, fames, descolonizacións, guerras e golpes de estado aflora a fermosura de contemplar a vida con outros ollos: o feito de rexistrar cos nomes os acontecementos históricos, a tradición do clan de compartir todo entre os seus membros ou a súa curiosa e relativa visión do tempo. Neste último aspecto quero determe, e pese ao reducionismo que supón falar de "europeos" e "africanos", Ryszard afirma que ambos "teñen un sentido do tempo completamente diferente; percíbeno de xeitos dispares e as súas actitudes tamén son distintas".
A nosa dependendia idolátrica do tempo, froito dunha interpretación científica como algo absoluto, fainos exclavos deste. "Entre o home e o tempo prodúcese un conflito insalvable, conflito que sempre remata coa derrota do home: o tempo aniquílao". Por contra, o africano percibe o tempo dun xeito ben dfierente: "o tempo aparece como consecuencia dos nosos actos e desaparece se o ignoramos ou o deixamos de importunar".
Contado así de xeito teórico pode resultar difícil de comprender, xa que logo Ryszard explica que "traducido á práctica, iso significa que se imos a unha aldea donde pola tarde debía celebrarse unha reunión e alí non hai ninguén, non ten sentido preguntar "cando se celebra a reunión?". A resposta coñécese de antemán: "cando acuda a xente". Xa que logo o cando non existe, senón un estado inerte de espera onde as agullas do reloxo detéñense e só volverán a moverse cando pase algo.
Quizáis cun enfoque no que son os nosos actos os que controlan o tempo e non á inversa, en Europa o estrés, os reloxos, os restaurantes de comida rápida, os coches e todo o que nos leva a aforrar tempo no camiño non estarían tan estendidos. A lástima é que aforrando tempo no camiño, vivindo continuamente cara o futuro, cara a meta, fainos olvidar o presente e todo o que temos ao noso lado mentres camiñamos. Parece que o que coñecemos como África é a clara inspiración do movemento slow.
