Se xa foi pouco intelixente a decisión de pasar estas datas nun país no que é inverno, o foi moito menos facelo nun país de tradición tan cristiá coma consumista. Forzado polas circunstancias laborais, no medio de atracóns de comida, comentarios prefabricados e pomposas vestimentas, aínda é posible manter algunha conversa alternativa entre o cinismo dos fastos do Nadal.
É raro falar da morte nesta época do ano a non ser que te atopes con ela ou cun existencialista consumado. Pois ben, dado que a morte non é moi faladora, é neste último caso que colixes que a vida humana ten sentido somentes cando "existe" e que máis aló do seu punto e final non hai nada. Podemos morrer físicamente, como individuos, anque a nosa carga xenética continúe intacta a través dos nosos fillos e fillas. Pero a morte definitiva, e quizáis para algúns a máis terrible, é cando morre a derradeira persoa que coñecía algunha pequena parte de nós. Deste xeito, e dunha forma un chisco romántica, pódese dicir que acompañamos na súa morte ao noso derradeiro ser amado.
Máis tendentes á inmortalidade son os artistas, que permanecen incólumes ao paso do tempo a través das súas obras; obras que miras, lees ou escoitas e que é como mirar, leer ou escoitar un pedaciño do ser das persoas que as crearon. Obras coma esta pequena perla en forma de poema de Ángel González:
E despois de todo isto, se alguén segue desexando unha sinceira felicitación para o 2010, o único que podo dicirlle é que, canto menos en vida, non morra no esquecemento.
É raro falar da morte nesta época do ano a non ser que te atopes con ela ou cun existencialista consumado. Pois ben, dado que a morte non é moi faladora, é neste último caso que colixes que a vida humana ten sentido somentes cando "existe" e que máis aló do seu punto e final non hai nada. Podemos morrer físicamente, como individuos, anque a nosa carga xenética continúe intacta a través dos nosos fillos e fillas. Pero a morte definitiva, e quizáis para algúns a máis terrible, é cando morre a derradeira persoa que coñecía algunha pequena parte de nós. Deste xeito, e dunha forma un chisco romántica, pódese dicir que acompañamos na súa morte ao noso derradeiro ser amado.Máis tendentes á inmortalidade son os artistas, que permanecen incólumes ao paso do tempo a través das súas obras; obras que miras, lees ou escoitas e que é como mirar, leer ou escoitar un pedaciño do ser das persoas que as crearon. Obras coma esta pequena perla en forma de poema de Ángel González:
Eu sei que existo
porque ti me imaxinas.
Son alto porque ti me crees
alto, e limpo porque ti me miras
con bos ollos,
con mirada limpa.
O teu pensamento faime
intelixente, e na túa sinxela
tenrura, eu son tamén sinxelo
e bondadoso.
Pero se ti me esqueces
quedarei morto sen que ninguén
o saiba. Verán viva
a miña carne, pero será outro home
-escuro, torpe, malo- o que a habita...
porque ti me imaxinas.
Son alto porque ti me crees
alto, e limpo porque ti me miras
con bos ollos,
con mirada limpa.
O teu pensamento faime
intelixente, e na túa sinxela
tenrura, eu son tamén sinxelo
e bondadoso.
Pero se ti me esqueces
quedarei morto sen que ninguén
o saiba. Verán viva
a miña carne, pero será outro home
-escuro, torpe, malo- o que a habita...
E despois de todo isto, se alguén segue desexando unha sinceira felicitación para o 2010, o único que podo dicirlle é que, canto menos en vida, non morra no esquecemento.

