23 October 2010

O importante é o lanzamento

Vaia con este post a miña homenaxe á que considero a mellor serie de todos os tempos: Northern Exposure (Doutor en Alaska). E a considero a mellor serie de todos os tempos desde unha perspectiva da "vida en b". Unha serie sinxela, de xentes correntes no medio de ningures. Sen embargo, para as persoas que quedábamos espertas ata tarde, sufrindo os contínuos cambios de programación de "La 2", e que agora grazas a internet podemos voltar a rememorar á carta aqueles gratos momentos, esta é a serie por excelencia, con xentes especiais no medio dun sitio extraordinario.

En cada un destes capítulos descobres cousas únicas a través da mirada de cada unha das súas personaxes únicas e o seu xeito de relacionarse que, máis aló das reflexións filosóficas, aportan coñecementos dos campos máis diversos: astronomía, medicina, física, historia, xeografía, socioloxía, relixión, cine, música... Foi nunha destas aportacións culturais pola que cheguei a Take the money and run (Colle o diñeiro e fuxe) de Woody Allen, e de rebote, e a través das sinápses da rede, á canción de Steve Miller Band co mesmo nome. E de aí, ao curioso video musical que algún afeccionado fixo a posteriori para ambientala, e que podedes atopar na marxe dereita.

Esta serie ten un montón de momentos, pero se tivera que quedarme con algún, quedaríame co que a todos nos deixou coa boca aberta, incluídos a todas as personaxes da serie: guai, interesante, bonito, estupéndo ou simplemente un rotundo "si" de Chris ao final, o definen.




A lanzar! Os camiños son moitos, pero collamos o que collamos desfrutemos del ata a última pedra. Non importa o camiño senón o o acto de camiñar (como nos recordaba anteriormente Machado) ou "fagas o que fagas, faino de corazón, non importa a meta senón a pasión que pos nelo e o que aprendes polo camiño" (como conclúe a persoa que subiu o vídeo)

1 comment:

Adrián said...

Estou contigo, unha das mellores series da televisión, e sempre maltratada polos cambios de programación.
O dos horarios, teño que recoñecer que quizais por ser a esas horas noite tamén lle daba unha certa intimidade.
Por certo, estan a botar a serie en V (a dos extraterrestres lagartos comeratos non, a de La Voz)

O máis lido